Lista de Poemas
Visión dun corpo na praia
dun astro de brancura.
Movimento delgado
como perfil de auga.
Peixe de lentitude adiviñando o corpo
a sua sílaba húmida,
unha estrela que nace
flor de espuma.
Na ondulación da arxila
corpo solar
que arvorece no espello.
Liña de sede,
semente e sal,
a pel mariña,
e chama do tempo.
Este sopro ou queimazón violácea,
sulco fino da brisa,
a pulsación dos ollos
contra o sol da carne.
Está aqui escrito o exílio do desexo?
A adolescéncia é unha fenda rosada,
suave eclipse,
esbelta auséncia.
Mais agora regresa esa febre
que beixa a lua da boca,
ponto de fuga que arde
no interior dunha máxia
de saliva e de seda.
O salto docísimo dunha lágrima
que avivece insensíbel,
unha rosa de area
que brilla no recordo.
Aparición e signo, corpo
que o instante fai milagre,
espellismo do céu,
revelación dourada
que o mar
estremece no sangue.
Comentários (0)
NoComments
Videoteca AELG de Miguel Anxo Fernán-Vello
Videoteca AELG de Miguel Anxo Fernán-Vello
Resposta a Miguel Anxo Fernán Vello
Miguel Anxo Fernán-Vello - Lamazares
Miguel Anxo Fernán-Vello - Rosalia
Miguel Anxo Fernán-Vello
Miguel Anxo Fernán-Vello - Jazz
Miguel Anxo Fernán-Vello - Aeropuerto
Miguel Anxo Fernán-Vello - Lenguas de viento
Miguel Anxo Fernán-Vello - Especulación en la sombra
Entrevista a Miguel Anxo Fernán Vello | Cadena Ser Lugo, 12-6-2020
Miguel Anxo Fernán Vello sobre reformas necesarias no ámbito da Cooperación Internacional
25 ANOS DO BATALLÓN LITERARIO | MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO
Miguel Anxo Fernán Vello pide que a familia Franco devolva as esculturas do Mestre Mateo
Miguel Anxo Fernán Vello La Otra 2015
Declaracións de Miguel Anxo Fernán Vello previas á Xunta de Voceiros no Congreso
Miguel Anxo Fernán-Vello - Instalación
Miguel Anxo Fernán-Vello - Retorno do exiliado
O deputado Miguel Anxo Fernán Vello consegue que se paralice a poxa dos xacementos de Pena Grande
Carlos Ares e Miguel Anxo Fernán Vello explican a importancia de elaborar un Estatuto do Artista
Declaracións do voceiro Miguel Anxo Fernán Vello previas á Xunta de Voceiros
Miguel Anxo Fernán-Vello - Fundición
Declaracións dos voceiro Miguel Anxo Fernán Vello previas á Xunta de Voceiros no Congreso
Declaracións do voceiro Miguel Anxo Fernán Vello previas á Xunta de Voceiros no Congreso
Intervención do voceiro Miguel Anxo Fernán Vello no debate da moción de censura
Declaracións do voceiro Miguel Anxo Fernán Vello previas á Xunta de Voceiros no Congreso
A Conversa con Miguel Anxo Fernán Vello
Declaracións do voceiro Miguel Anxo Fernán Vello previas á Xunta de Voceiros
Declaracións do voceiro Miguel Anxo Fernán Vello previas á Xunta de Voceiros
Declaracións do voceiro Miguel Anxo Fernán Vello previas á Xunta de Voceiros
Intervención do voceiro Miguel Anxo Fernán Vello no Pleno do Congreso sobre os Orzamentos de 2018
O voceiro Miguel Anxo Fernán Vello valora os Orzamentos de 2018
Centenario Carlos López García-Picos. Presentación Concerto de Mariñán, Miguel Anxo Fernán Vello.
05.Aeropuerto
A VIAXE Un poema de Miguel Anxo Fernán Vello (Rock)
Víctor Pablo - Cantiga Finisterrae (Fernán-Vello, Juan Durán)
09.Lamazares
Fernán Vello demanda no pleno a Montoro unha rebaixa do IVE cultural
01.Especulación en la sombra
O voceiro Fernán Vello participa na presentación dunha alternativa aos orzamentos do PP
02.Retorno do exiliado
Intervención de Fernán Vello sobre a cláusula contra os minerais de conflito nos contratos públicos
J. Durán/Fernán-Vello: Cantiga Finisterrae para múltiples voces de luz
03.Lenguas de viento
00.Presentación
07.Fundición
06.Rosalia
Fernán Vello defende os dereitos lingüísticos nos territorios con lingua propia cooficial
04.Jazz
08.Instalación