aguazero
Maside (Orense)
♂
1949-03-21
Desde:
2018-12-05
Biografía
Karlotti, (Maside, Ourense, 1949). Será Valladolid o lugar desde o que emprende todas as derrotas. As revistas serán o medio: Hebe, Fai e Envés, Un Angel Mais, Cadernos Leoneses de Poesía, Veneno, etc. Presente en antologías como TODOS DE ETIQUETA, UN GOLPE DE DADOS...Un par de libros publicados, TODOS Os XOVES SALVO A LÚA, e POSTALES DE FUME.As ADORABLES DERROTAS. Cofundador da SEMANA DE POESÍA SALVAXE de Ferrol.
Juan Carlos Vale ?Karlotti? naceu a primeira vez en Maside (Orense). Posteriormente renacería en tantas ocasións como episodios iniciáticos adornan a súa intensa biografía. Poeta, viaxeiro e axitador tabernario, sempre na órbita dunha vangarda lúcida e militante, abrazou a esencia da vida descalza e libérrima, fugandose de todos aqueles estamentos sociais que o quixeron domesticar (familia, traballo, policía, españa). Froito do seu constante experimentación vital, articulo movementos políticos e literarios en León e Valladolid, percorreu unha imaxinaria ruta da seda ate India durante dous anos de deriva psicogeográfica, montou bares alternativos trenzados a base de jazz, Leon, os amigos foron os responsables, poesía e amizade (El Cafetín, El Farolito, ambos enValladolid), e plasmou unha pequena parte da súa aprendizaxe en revistas e libros colectivos, máis ao concreto no seu poemario persoal Todos os xoves salvo la lúa. A maior parte da sabedoría destilada pola vivencia radical de Karlotti permanece inédita. Esperamos que este libro achegue ao público una das personalidades máis singulares e fascinantes do underground ibérico. Será Valladolid o lugar desde o que emprende todas as derrotas. As revistas serán o medio: Hebe, Fai e Envés, Un Angel Mais, Cadernos Leoneses de Poesía, Veneno, etc. Presente en antologías como TODOS DE ETIQUETA, UN GOLPE DE DADOS...Un par de libros publicados, TODOS Os XOVES SALVO A LÚA e POSTALES DE FUME. Cofundador da SEMANA DE POESÍA SALVAXE, de FERROL, que no ano próximo farase realidade por doceava vez.
📚