Bernal de Bonaval

Bernal de Bonaval

Bonaval, Santiago de Compostela
Séc. XIII
1754
0
0

Senhor Fremosa, Pois Assi Deus Quer

Senhor fremosa, pois assi Deus quer
que já eu sempre no meu coraçom
deseje de vós bem e d'alhur nom,
rogar-vos-ei, por Deus, se vos prouguer,
       que vos nom pês de vos eu muit'amar,
       pois que vos nom ouso por al rogar.

E já que eu sempr'a desejar hei
o vosso bem e nom cuid'a perder
coita, senom per vós ou per morrer,
por Deus, oíde-m': e rogar-vos-ei
       que vos nom pês de vos eu muit'amar,
       pois que vos nom ouso por al rogar.

E pois m'assi tem em poder Amor,
que me nom quer leixar per nulha rem
partir de vos já sempre querer bem,
rogar-vos quero, por Deus, mia senhor,
       que vos nom pês de vos eu muit'amar,
       pois que vos nom ouso por al rogar.
62
0


Quem Gosta

Quem Gosta

Seguidores