Par Deus, Amigo, Nom Sei Eu Que É

Par Deus, amigo, nom sei eu que é,
mais muit'há já que vos vejo partir
de trobar por mi e de me servir,
mais ũa destas é, per bõa fé:
       ou é per mi, que vos nom faço bem,
       ou é sinal de morte que vos vem.

Mui gram temp'há, e tenho que é mal,
que vos nom oí já cantar fazer,
nem loar-mi, nem meu bom parecer,
mais ũa destas é, u nom ja[z] al:
       ou é per mi, que vos nom faço bem,
       ou é sinal de morte que vos vem.

Já m'eu do tempo acordar nom sei
que vos oísse fazer um cantar,
como soíades, por me loar,
mais ũa destas é que vos direi:
       ou é per mi, que vos nom faço bem,
       ou é sinal de morte que vos vem.

Se é per mi, que vos nom faço bem,
dizede-mi-o, e já quê farei en.
45
0


Quem Gosta

Quem Gosta

Seguidores